O Piaggio P.108 foi un bombardeiro pesado italiano da segunda guerra mundial. Realizou o seu primeiro voo en novembro de 1939 baseado no P.50-II. Foi o único bombardeiro cuadrimotor italiano da guerra. Deseñáronse catro versións do avión, pero só o P.108B bombardeiro foi producido en cantidades significativas antes do armisticio. As outras variantes inclúen o P.108A antibuque, equipado cun canón de 102mm, o P.108C, un modelo de pasaxe con máis envergadura e unha fuselaxe remodelada con capacidade para 32 pasaxeiros, e o P.108T de transporte militar.