Peter Rabbit
Peter Rabbit | |
---|---|
Primeira aparición | The Tale of Peter Rabbit (1902) |
Creador(es) | Beatrix Potter |
Voz orixinal | Rory Carty (1992–1994) Mark Lockyer (1995) Cam Clarke (1995) Colin de Paula (2012–2014) L. Parker Lucas (2014–2015) James Corden (2018–presente) Sienna Adams (2019) |
Información | |
Raza | Oryctolagus cuniculus (coello europeo) |
Sexo | Masculino |
Familiares | Sr. Rabbit (pai, finado) Sra. Josephine Rabbit (nai) Benjamin Bunny (curmán/cuñado) Flopsy Rabbit/Flopsy Bunny (irmá/cuñada) Mopsy e Cotton-tail (irmás) |
Nacionalidade | Inglés |
Peter Rabbit é un personaxe de animal ficticio que protagoniza moitos contos infantís de Beatrix Potter. Peter era diferente do heroe tradicional daquela época, sendo pequeno, emotivo, facilmente asustadizo e un animal non moi sabio.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Apareceu por primeira vez en The Tale of Peter Rabbit en 1902. Non ten versións en galego; foi traducido ao portugués como A História de Pedro Coelho, tamén traducido como A História do Coelho Pedro[2] ou A história do Pedrito Coelho[3] e foi publicado en castelán en España como El cuento de Perico el conejo travieso e en América como El cuento de Pedrito Conejo.[4]
Despois diso, saíu en cinco libros máis entre 1904 e 1912.
Potter fixo un boneco suave de peluche con forma de Peter Rabbit, e pronto pratos e papeis de parede comezaron a mostrar imaxes del. Aparece como personaxe na película de ballet de 1971, The Tales of Beatrix Potter[5] e na serie da BBC The World of Peter Rabbit and Friends.[6]
Inspirouse no coello de Potter, Peter Piper. Nas historias, viste roupa humana e anda de pé. A súa nai é a señora Josephine Rabbit e ten tres irmás, Flopsy, Mopsy e Cotton-tail. A súa popularidade fixo que Potter dixese en 1917: "Agora todos os coellos se chaman Peter", e engadiu "ou Peter ou Brer Rabbit".[7]
En 2018, estreouse unha película de animación con James Corden dando voz a Peter Rabbit.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mackey 2002, p. 28
- ↑ "O-coelho-Pedro-e-outras-histórias". bertrand.pt (en portugués).
- ↑ "A-história-do-Pedrito-Coelho". wook.pt.
- ↑ "El cuento de Pedrito Conejo". primeraescuela.com/ (en castelán).
- ↑ "Trailer: Tales of Beatrix Potter". Consultado o 2023-12-15.
- ↑ "The World Of Peter Rabbit & Friends - The Tale of Tom Kitten & Jemima Puddle Duck". Consultado o 2023-12-15.
- ↑ Waller 2006, p. 343
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mackey, Margaret (2002), Peter Rabbit de Beatrix Potter: A Children's Classic at 100, Lanham, MD: The Scarecrow Press, Inc., ISBN 0810-84197-5
- Waller, Philip (2006), Writers, Readers and Reputations, Oxford: Oxford University Press, ISBN 0-19-820677-1