Persoas Anarquistas de Cor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Persoas Anarquistas de Cor (Anarchist People of Color) é unha tendencia anarquista e antiautoritaria creada para afrontar o problema racial e as loitas da xente de cor nun contexto anarquista e para crear un espazo cívico de seguridade para a xente de cor. Nese sentido é coñecido o seu posicionamento contrario ao nacionalismo negro.

Persoas Anarquistas de Cor non se organiza como un grupo, senón como unha interrede de persoas individuais, colectivos e células. Celebrou a súa primeira conferencia nacional en Detroit no ano 2003.