Pentre Ifan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 51°59′56″N 4°46′12″O / 51.9990, -4.7700

Vista lateral do Dolmen de Pentre Ifan.
Vista do portal.
Unha posible reconstrución.

Pentre Ifan é o nome dun antigo señorío da parroquia galesa de Nevern, Pembrokeshire. Nel, atópase o maior e mellor preservado dolmen neolítico de Gales.

Historia[editar | editar a fonte]

O dolmen data aproximadamente do -3.500 B.C. e, posiblemente, foi empregado como cemiterio comunal. As pedras conservadas forman o portal e a cámara principal da tumba, que orixinalmente puido estar cuberta cunha gran pedra de 36,6 m de longo e 17 m de ancho.[1] Algunhas das pedras foron diseminadas polo lugar, pero sete delas están na súa posición orixinal. A pedra principal mide 5,1 m de longo, cun peso estimado de 16 toneladas, e érguese 2,4 m sobre a superficie do terreo. Está apoiada sobre as puntas de tres piares.

As escavacións arqueolóxicas fixéronse en 1936/1937 e 1958/1959, ámbalas dúas lideradas por William Francis Grimes. O dolmen e conservado por Cadw,[2] a Axencia Galesa de Monumentos Históricos. Está localizado a 17 km de Cardigan.

Notes[editar | editar a fonte]

  1. "Pentre Ifan". Wondermondo. 
  2. Cadw website

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]