Pedro López de Ayala y Zúñiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro López de Ayala y Zúñiga
Nacemento9 de febreiro de 1582
 Toledo
Falecemento12 de maio de 1651
editar datos en Wikidata ]

Pedro López de Ayala y Zúñiga nado en Toledo o 9 de febreiro de 1582 e finado na mesma cidade o 12 de maio de 1651,[1] foi un nobre español, VII Conde de Fuensalida e Alguacil Maior de Toledo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro López de Ayala y Cárdenas e María Zúñiga Pacheco.[1] Herdou do seu pai o título de Conde de Fuensalida en 1610. No ano 1620 foi nomeado Cabaleiro de Calatrava. Máis adiante Alguacil Maior de Toledo. No ano 1640 recibiu a Grandeza de España.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Casou con Francisca Luisa Portocarrero, VI marquesa de Villanueva del Fresno, coa que non tivo descendentes. O seu matrimonio foi anulado.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xaneiro de 2015.