Pazo de Sestelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Pazo de Sestelo é unha casa señorial do século XVI situada no lugar de Sestelo, na parroquia de Siador, no concello pontevedrés de Silleda.

Historia[editar | editar a fonte]

Coñecida tamén como casa de Sestelo, é propiedade da familia Rivas. Un dos seus membros, Francisco María Rivas Taboada, foi o impulsor e benfeitor do Santuario da Virxe da Saleta, situado en Siador. Na actualidade, o seu tataraneto, Roberto Rivas Martínez continua con este labor.

Os Baamonde e os Ocampo aparecen no escudo de armas, mentres que os Pimentel quedaron reflectidos nunha inscrición na capela do pazo, adicada á Virxe do Socorro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]