Saltar ao contido

Pazo da Cultura de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′08″N 08°38′14″O / 42.43556, -8.63722

Pazo da Cultura de Pontevedra.

O Pazo da Cultura de Pontevedra é un edificio que funciona como pazo de congresos e exposicións, sito na zona norte da cidade, á beira do río Lérez, á altura da ponte dos Tirantes.

Forma parte dun conxunto de edificios unidos construídos en 1998, cunha superficie de case 10.000 m², que alberga un auditorio con capacidade para 772 persoas, un restaurante, salas de prensa, sala de exposicións, oito aulas, aparcadoiro para 1.300 vehículos, a sede da Policía Local e o recinto feiral de Pontevedra.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas