Patalliya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Patalliya foi unha cidade do Imperio Hitita, ao norte de Hattusa, que foi saqueada polos kaska despois do -1400 baixo o reinado de Arnuwandas I. O rei Suppiluliumas I marchou á cidade de Washaya, que estaba na terra (rexión) da montaña Illuriya onde estivo por un tempo e desde alí incendiou unha cidade cuxo nome é fragmentario nas fontes (Zina...); despois continuou e incendiou Ga...kilusa e Darukka.