Partido dos Traballadores Noruegueses
O Partido dos Traballadores Noruegueses (en noruegués: Det norske Arbeiderparti (DNA) ou Arbeiderpartiet (AP)) é un partido socialdemócrata noruegués.
Fundado en 1887 e non foi ata 1894 cando se presentou ás primeiras eleccións para o Jens Storting, conseguindo entrar por vez primeira en 1903, foi incrementando o seu apoio popular e en 1927 pasou a ser o partido máis votado do país, mantendo esa posición agás nas eleccións de 2001. Nas eleccións de 2005 tivo o 32.7% dos votos e 61 escanos.
En 1919 ingresou na Comintern, foi o único partido socialdemócrata en entrar na Internacional Comunista, o cal provocou a marcha dunha parte da militancia que formou o Partido Socialdemócrata dos Traballadores de Noruega. En 1923 o DNA deixou a Internacional Comunista o que supuxo a escisión dos comunistas que formaron o Partido Comunista de Noruega e en 1927 os socialdemócratas reunificáronse co Partido dos Traballadores.