Saltar ao contido

Partido de Villarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPartido de Villarino
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°49′S 62°42′O / -38.82, -62.7
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
CapitalMédanos Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación32.717 (2022) Editar o valor en Wikidata (2,87 hab./km²)
Xeografía
Superficie11.400 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude32 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación28 de xullo de 1886 Editar o valor en Wikidata

Páxina webvillarino.gob.ar Editar o valor en Wikidata

Villarino é un dos 135 partidos da provincia arxentina de Buenos Aires. Atópase no suroeste da provincia, limitado ao norte polos partidos de Puan, Tornquist e Bahía Blanca, ao sur polo río Colorado, que o separa do partido de Patagones, o distrito máis meridional da provincia de Buenos Aires; ao oeste pola provincia da Pampa, e ao leste polo mar Arxentino. As illas Wood e Ariadna forman parte do partido.

Polo decreto provincial 449/99, o municipio do partido de Coronel Rosales exerce a titularidade e administración das illas de Embudo, Bermejo e Trinidad, tres das illas da ría de Bahía Blanca, que suman uns 400 km².[1] Porén, esas illas non pertencen legalmente ao partido de Coronel Rosales, senón que forman parte do partido de Villarino.[2]

Segundo os resultados finais do censo de 2022, a poboación do partido alcanza os 32.717 habitantes.[3] A súa cabeceira é a cidade de Médanos.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Toma o seu nome do mariñeiro e explorador galego Basilio Vilariño (ou Villarino).

Localidades

[editar | editar a fonte]

Poboación segundo o censo de 2010.