Parque da Devesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°59′13″N 2°49′03″L / 41.98694444, 2.8175

Paseo do parque.

O Parque da Devesa (en catalán: Parc de la Devesa) é un parque urbano de Xirona e o meirande de Cataluña. Atópase entre o río Ter, o río Onyar e o Güell, no oeste do núcleo histórico da cidade de Xirona.

Características[editar | editar a fonte]

O regato que rodea os xardíns.

Ten unha extensión de 40 hectáreas, das cales nove son de paseos con sombras. O parque conta con máis de 2 500 plátanos, híbridos das especies oriental e occidental, que na súa maioría foron plantados por volta dos anos 1850. Dispostos a moi pouca distancia os uns dos outros, víronse obrigados a medrar máis en altura, acadando algúns os 60 m. Nun dos recunchos do parque atópanse os xardíns da Devesa, un espazo cercado por un rierolregato onde hai diferentes especies vexetais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]