Pardela pequena
Puffinus assimilis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puffinus assimilis elegans | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
A pardela pequena[2] ou furabuchos maorí[3] (Puffinus assimilis) é unha pequena ave procelárida que fai niños en tobos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten a forma de voar típica do xénero, baixando en picado dun lado a outro coas ás ríxidas e dando poucos batidos de ás; as puntas das ás case tocan a auga, aínda que con vento lixeiro fai máis voo batido que os seus parentes máis grandes. En voo parece que ten forma de cruz, porque as ás forman un ángulo recto co corpo. En voo a súa cor cambia do negro ao branco xa que as partes superiores negras e as inferiores brancas quedan alternativamente expostas á vista cando viaxa a baixa altura sobre o mar.
Ten unha lonxitude de 25 a 30 cm e unha envergadura alar de entre 58 e 67 cm; é similar a unha pequena pardela furabuchos, pero proporcionalmente ten ás máis curtas e anchas, cunha área clara nas plumas de voo interiores. O seu peteiro é máis delgado que o da padela furabuchos e os seus ollos negros destacan sobre a área branca que os rodea.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Os datos das secuencias de ADN do citocromo b do ADNmt indican que o antigo grupo de pardelas pequenas do Atlántico norte (Puffinus boydi e P. baroli) está moi próximo a Puffinus lherminieri [4][5], (aínda que moitos taxónomos considéranos agora como especies distintas), e o P. myrtae, está próximo a Puffinus newelli e posiblemente a Puffinus auricularis [6]. Ás veces Puffinus heinrothi foi tamén considerada unha subespecie desta ave; a relación entre a pardela pequena e a Puffinus lherminieri probablemente non é tan próxima como se cría (ver [4][5], pero ver tamén [7][8]). Puffinus elegans foi tamén considerada conespecífica [9].
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Esta especie está distribuída polos océanos ao sur do trópico de Capricornio. Reprodúcese en colonias en illas e cantís costeiros, nidificando en tobos escavados, que só visita de noite para evitar a predación por gaivotas grandes.
Comportamento
[editar | editar a fonte]É unha especie gregaria, que pode verse en gran número desde barcos e promontorios, especialmente en migración en outono. Aliméntase de peixes e moluscos. Non segue os barcos. é silenciosa no mar, pero de noite as colonias reprodutoras resoan co seu grallar estidente.
Aniña en cavidades localizadas en campos de herba ou nos que encontra entre as rochas.[10]
Adoita facer unha posta dun só ovo branco, que mide uns 51×35 mm, e que incuban durante de 52 a 58 días ambos os sexos.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Puffinus assimilis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ "furabuchos maorí". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 Austin, Jeremy J. (1996): Molecular Phylogenetics of Puffinus Shearwaters: Preliminary Evidence from Mitochondrial Cytochrome b Gene Sequences. Molecular Phylogenetics and Evolution 6(1): 77–88. doi 10.1006/mpev.1996.0060 (HTML abstract)
- ↑ 5,0 5,1 Heidrich, Petra; Amengual, José F. & Wink, Michael (1998): Phylogenetic relationships in Mediterranean and North Atlantic shearwaters (Aves: Procellariidae) based on nucleotide sequences of mtDNA. Biochemical Systematics and Ecology 26(2): 145–170. doi 10.1016/S0305-1978(97)00085-9 PDF fulltext
- ↑ Austin, Jeremy J.; Bretagnolle, Vincent & Pasquet, Eric (2004): A global molecular phylogeny of the small Puffinus shearwaters and implications for systematics of the Little-Audubon's Shearwater complex. Auk 121(3): 847–864. DOI: 10.1642/0004-8038(2004)121[0847:AGMPOT]2.0.CO;2 HTML abstract
- ↑ Penhallurick, John & Wink, Michael (2004): Analysis of the taxonomy and nomenclature of the Procellariformes based on complete nucleotide sequences of the mitochondrial cytochrome b gene. Emu 104(2): 125-147. doi 10.1071/MU01060 (HTML abstract)
- ↑ Rheindt, F. E. & Austin, Jeremy J. (2005): Major analytical and conceptual shortcomings in a recent taxonomic revision of the Procellariiformes - A reply to Penhallurick and Wink (2004). Emu 105(2): 181-186. doi 10.1071/MU04039 PDF texto completo
- ↑ Onley, D. and Scofield, P. (2007) Field guide to the albatrosses, petrels and shearwaters of the world. London, UK: Christopher Helm (Helm Field Guides).
- ↑ 10,0 10,1 Hauber, Mark E. (1 August 2014). The Book of Eggs: A Life-Size Guide to the Eggs of Six Hundred of the World's Bird Species. Chicago: University of Chicago Press. p. 44. ISBN 978-0-226-05781-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Collinson, M. (2006): Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palaearctic lists. British Birds 99(6): 306-323.