Posúe un amplo rango de distribución sendo unha das aves máis comúns na costa pacífica de Suramérica. Grandes migradoras, as pardelas curricacho chegan a volar até 910km/día neste período.[5] Xa que logo, se ben cría na parte sur dos océanos, pode verse en Europa en verán e no outono. Deste xeito, pode atoparse en Irlanda, Gran Bretaña e na costa atlántica ibérica, de setembro a decembro.
↑Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN84-96128-69-5.
↑Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN84-453-2913-8.