Paramento
Aparencia
Un paramento é cada unha das caras de todo elemento construtivo vertical, como paredes ou muros.
En cantaría e albanelaría, chámase paramento a cara exterior dunha parede de perpiaño ou ladrillo que compón os arcos e muros. En particular, chámanse así as que están facendo fronte e costas no arco chamadas respectivamente paramento anterior e paramento posterior, ou exterior e interior.