Parada na porta da escola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O gobernador George Wallace, tentando bloquear a integración na Universidade de Alabama, atópase parado en actitude desafiante na porta do Auditorio Foster ante o Deputy U.S. Attorney General Nicholas Katzenbach.
Vivian Malone Jones chega para inscribirse nas clases no Auditorio Foster da Universidade de Alabama.

A parada na porta da escola (coñecida como Stand in the Schoolhouse Door en inglés) é un incidente que tivo lugar o 11 de xuño de 1963 en Tuscaloosa, no Auditorio Foster da Universidade de Alabama. George Wallace, o Gobernador de Alabama, nun intento simbólico de respectar a súa promesa ao asumir o seu cargo de "segregación agora, segregación mañá e segregación por sempre" e deter os procesos de desegregación nas escolas, parouse na porta do auditorio para tentar bloquear a entrada de dous estudantes negros, Vivian Malone Jones e James Hood.[1]

O incidente expuxo a George Wallace á atención dos medios nacionais.[2]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O 17 de maio de 1954, a Corte Suprema dos Estados Unidos publicou a súa decisión no caso denominado Brown contra o Consello de Educación de Topeka, Kansas, no cal os demandantes alegaban que a educación de nenos negros en escolas públicas separadas dos seus compañeiros brancos era inconstitucional.

Como consecuencia de Brown v. Consello de Educación a Universidade de Alabama debía ser desegregada. Nos anos subseguintes, centos de afroamericanos presentaron solicitudes de admisión, pero en todos os casos foron rexeitados. A Universidade traballaba xunto coa policía para facer investigacións e atopar todo tipo de razóns coas que denegar a solicitude de ingreso, ou cando iso non era posible, intimidaba aos solicitantes. Pero en 1963, tres afroamericanos cunha folla de antecedentes impecable—Vivian Malone Jones, Dave McGlathery e James Hood—presentaron as súas solicitudes, e negáronse a ser intimidados. A comezos de xuño un xuíz federal ordenou que eles debían ser admitidos, e prohibiulle ao Gobernador Wallace que interferise.[3]

O incidente[editar | editar a fonte]

O 11 de xuño, Malone e Hood chegaron para inscribirse. Wallace, tentando manter a súa promesa como tamén producir un incidente político, bloqueou a entrada do Auditorio Foster mentres representantes do xornalismo presenciaban a escena.[3] Entón, o Deputy Attorney General Nicholas Katzenbach, que se atopaba escoltado por policías federais indicoulle a Wallace que despexase o paso.[1] Con todo, Wallace interrompeu a Katzenbach e negouse a obedecer, en cambio pronunciou un discurso sobre dereitos dos Estados.[3] Katzenbach chamou ao Presidente John F. Kennedy, quen mobilizou á Garda Nacional de Alabama. O xeneral Henry Graham entón ordenoulle a Wallace que deixara paso, dicíndolle, "Señor, lamentablemente seguindo ordes do Presidente dos Estados Unidos é o meu deber solicitarlle que despexe o paso." Entón Wallace pronunciou algunhas outras frases, pero finalmente apartou, e Malone e Hood inscribíronse como estudantes.[4]

No cine[editar | editar a fonte]

O evento aparece na película Forrest Gump (1994), na cal aparece o protagonista como partícipe do mesmo.[5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Elliot, Debbie.
  2. Governor George C. Wallace's School House Door Speech.
  3. 3,0 3,1 3,2 Standing In the Schoolhouse Door (June).
  4. Lesher, Stephan (1995). George Wallace: American Populist. Da Capo Press. p. 233. 
  5. Byers, Thomas (1996). "History Re-Membered: Forrest Gump, Postfeminist Masculinity, and the Burial of the Counterculture". Modern Fiction Studies 42.2: 419–44. Consultado o 28 de febreiro de 2009. 
  6. Paul Grainge. Memory and Popular Film. Manchester University Press. p. 229. Consultado o 28 de febreiro de 2009. 
  7. Behind the Magic of Forrest Gump: "George Wallace." in Forrest Gump special collector's edition (DVD). 2001. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]