Papercutz (grupo musical)
Papercutz | |
---|---|
Orixe | Porto, |
Período | 2005 - actualidade |
Xénero(s) | Pop Electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | Audiobulb Records Apegenine recordings |
Membros | Bruno Miguel |
Na rede | |
Sitio oficial |
Os Papercutz son unha banda portuguesa de música electrónica formada en 2005 no Porto, Portugal. Bruno Miguel é o único membro oficial e por tanto o único responsábel pola súa dirección. Antes de comezar a gravación de cada álbum, Bruno recruta unha banda temporal [1]. Entre os colaboradores pasados inclúense as vocalistas principais Melissa Veras e Marisa Pinto e os multi-instrumentistas Bruno Ribeiro e Francisco Bernardo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Annie Nightingale, xurado do programa The People’s Music Awards en 2009, clasificounos como 'interesantes e producindo un son orixinal' [2][3]. No mesmo ano, o álbum de estrea Lylac foi lanzado pola editora canadense independente Apegenine recordings e o single Ultravioleta rmx's incluíu remixes de Riz Maslen(Neotropic) e a estrea de The Sight Below antes deste asinar contrato coa Ghostly International [4]. O álbum foi ben recibido pola prensa e comunidade musical, e tivo proxección en publicacións de relevo como a Textura [5], a Cuemix-magazine [6], a Tokafi[7], a Cylic Defrost[8], a Subba-cultcha [9], a Organ Mag [10], a The Silent Ballet que lle chamou 'un comezo promisor que debería ser unha carreira brillante' [11] e a Record Collector que comparou o traballo de precisión de Bruno co dos Four Tet [12].
Entre 2009 e 2010, o grupo actuou en Europa e os Estados Unidos nos Festivais SXSW [13] e Exit [14] e asinaron contrato coa editora británica Audiobulb Records cun novo álbum de remixes. 'Do outro lado do espelho' (Lylac ambient reworks) destacouse en Drowned in Sound, o que permitiu a clasificación do álbum como 'notabelmente coherente e tocante' ao contrario dalgúns outros discos de remesturas [15], contando coa participación de artistas de música ambiente como Taylor Deupree, Keith Kenniff e Simon Scott entre outros.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Ultravioleta rmx's - 2008 - Apegenine recordings
- Lylac - 2008 - Apegenine recordings
- Do outro lado do espelho – 2010 (Lylac ambient reworks) - Audiobulb Records - 2010
Vídeos
[editar | editar a fonte]- Lylac (Helios remix) Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. MTV (2010)
- Live FIlmado no SXSW (2010)
Premios
[editar | editar a fonte]- 2009 - TPMA "Off the beaten track"
- 2009 – Vodafone/MySpace Portugal The Ones to Watch
- 2010 – International Songwriting Competition (Dance/Electronica)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.audiobulb.com/albums/AB029/AB029.htm
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ http://reviews.headphonecommute.com/2008/09/06/papercutz-ultravioleta-rmxs-apegenine/
- ↑ http://www.textura.org/archives/p/papercutz_lylac.htm
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ http://www.tokafi.com/newsitems/cd-feature-papercutz-lylac/
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ http://www.recordcollectormag.com/reviews/review-detail/6009
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 09 de setembro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 05 de decembro de 2010.