Paneer
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Paneer (en hindi: पनीर panīr, do persa پنير panir) é un queixo fresco orixinario da India, utilizado na súa gastronomía, así como na do sur de Asia. Emprégase tipicamente en diferentes preparacións culinarias. Trátase dun queixo callado, non curado, acedo, que non se funde. Foi callado quentando o leite con limón ou outro produto comestible ácido. A diferenza doutros moitos queixos non require de presoiro como axente coagulante,[1] é por iso totalmente lactovexetariano e é unha das fontes máis frecuentes de proteínas para os vexetarianos. Acostúmase tomar sen sal e cociñado.
Preparación
[editar | editar a fonte]O paneer prepárase con leite e zume de limón. Férvese o leite e logo bótaselle o limón que provoca que o leite coagule e se separen líquidos de sólidos. Pódese escorrer cunha tea axeitada e deixar repousar cun peso encima. Ás veces utilízase algún tipo de vinagre para producir o coagulado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "External link". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |