Pacto Anticomintern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O embaixador xaponés Kintomo Mushakoji e o ministro alemán Joachim von Ribbentrop na firma do pacto.

O Pacto Anticomintern, Antikomintern ou Anti-Komintern asinouse o 25 de novembro de 1936 entre o Imperio do Xapón e a Alemaña nazi, onde ambas as nacións se comprometeron a tomar medidas para protexerse da ameaza da Internacional Comunista (Komintern). O pacto, basicamente, era específico para garantir a capacidade do "Eixe" para atacar unha potencial ameaza soviética en dúas frontes: ao Leste con Alemaña e ao Oeste con Xapón, tentando deter o avance da Unión Soviética e pro- Revolucións da Unión Soviética en Asia.[1]

En caso de ataque da Unión Soviética contra Alemaña ou Xapón, estes dous últimos comprometéronse a consultar as medidas a tomar para protexer os seus intereses comúns. Tamén acordaron que ningún dos dous concluiría tratados políticos coa Unión Soviética. Alemaña, ademais, aceptou recoñecer a Manchukuo, o Estado-fantoche xaponés en Manchuria. En 1937, Italia uniuse ao Pacto, formando o grupo que máis tarde sería coñecido como o Eixo. En 1939 incorporáronse España, Hungría e Manchukuo. A pesar do pacto de non agresión xermano-soviético de 1939 (pacto Molotov-Ribbentrop) e do tratado de neutralidade asinado por Toquio con Moscova, o pacto foi renovado por outros cinco anos en novembro de 1941.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Weinberg, Gerhard (1970). The Foreign Policy of Hitler's Germany Diplomatic Revolution in Europe 1933–36. Chicago. ISBN 0226885097. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]