Pablo Piñeiro Vázquez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Caldas de Reis | |
1936 – 1936 ← Manuel Candán Rey – Antonio Salgado García → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Pablo Piñeiro Vázquez, nado cara a 1907, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oficial do Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis. Colaborou en El Pueblo Gallego. Foi nomeado representante da Sociedade de Autores en Caldas de Reis en maio de 1935.[1] Foi alcalde de Caldas de Reis en marzo de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Formou parte do grupo de Manuel González Fresco. Logrou pasar a Francia e exiliouse na Arxentina, arribando a Buenos Aires no vapor Massilia o 5 de novembro de 1939.[2] Sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1942.[3]
Predecesor: Manuel Candán Rey |
Alcalde de Caldas de Reis 1936 |
Sucesor: Antonio Salgado García |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 1-5-1935, p. 8.
- ↑ Exiliados republicanos en la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires: inserción y participación política (1939-1946)
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-3-1942, p. 5.