Oxford Internet Institute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oxford Internet Institute
Tipoinstituto de investigación
Data de fundación2001
Fundador(es)Derek Wyatt e Andrew Graham
EnOxford
PaísReino Unido
51°45′28″N 1°15′34″O / 51.7578, -1.2595
Na rede
http://www.oii.ox.ac.uk/
editar datos en Wikidata ]

O Oxford Internet Institute (OII) é un departamento universitario multidisciplinario da Universidade de Oxford dedicado ó estudo da información, da communicación, e da technology, e forma parte da Social Sciences Division desta universidade inglesa. Ten a súa sede en tres sitios de Saint Giles, en Oxford, propiedade do Balliol College.

Función[editar | editar a fonte]

A actividade investigadora realizada céntrase na influencia que Internet ten no ámbito social da vida en liña co propósito de axudar a conformar as políticas, prácticas de Internet no mundo contemporáneo. Dende 2001, o Oxford Internet Institute activou unha das máis prestixiosas "Escolas de Doutoramento de Verán" no campo da investigación en Internet e da empresa. Ademais de ser o membro inglés do World Internet Project, tamén leva a cabo anualmente a Oxford Internet Survey. Coa súa publicación, ofrécese información sobre o desenvolvemento do uso de Internet no Reino Unido, pero tamén novas interesantes sobre o impacto da rede no resto do mundo. Os investigadores do Instituto informaron de que no 2013 as entradas de Wikipedia máis controvertidas en Francia foron a de Ségolène Royal e a de UFO ("ovni"). [1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Oxford Internet Institute foi fundado por Derek Wyatt e Andrew Graham, Master do Balliol College, e abriu en 2001 cun financiamento inicial de 10 millóns de libras esterlinas providas pola Fundación Shirley e 5 millóns de financiamento público do Higher Education Council of England. O primeiro director do departamento foi o profesor William Dutton. O actual [cando?] director é o profesor Philip N. Howard.

Notas[editar | editar a fonte]