Ovo, pico, araña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Ovo, pico e araña é un xogo popular no que pode participar un número indefinido de persoas.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Despois de repartirse en grupos, ponse un xogador pegado a unha parede coas pernas abertas, un compañeiro seu agacha a cabeza entre as súas pernas e agárrase, o resto de compañeiros dese equipo van facendo o mesmo.

O outro equipo vai subíndose enriba deles. Cando todos os do equipo que se vai subindo soben sen caer ou sen moverse os de abaixo, di o que o que está preto do que está apoiado na parede Ovo, pico ou araña? Nese momento ese xogador fai un deses tres sinais: ovo (coa man pechada), pico (man aberta cos dedos pegados) ou araña (man aberta cos dedos abertos). Se o que está apoiado na parede acerta o xesto, gaña o seu equipo. Se algún dos equipos cae, perde o que caia.