Os números galegos até 20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

Que son os numerais?[editar | editar a fonte]

Os numerais son os determinantes que acompañan un substantivo e indican cantidade exacta (cardinais), orde (ordinais), fraccións (partitivos) ou múltiplos (múltiplos).

Vexamos no seguinte cadro como se escriben os números ata vinte:

  Cardinais Ordinais Partitivos Multiplicativos
1 un/unha primeiro-a    
2 dous/dúas segundo-a medio-a dobre, duplo-a
3 tres terceiro-a terzo-a triplo-a
4 catro cuarto-a cuarto-a cuádruplo-a
5 cinco quinto-a quinto-a quíntuplo-a
6 seis sexto-a sexto-a séxtuplo-a
7 sete sétimo-a sétimo-a séptuplo-a
8 oito oitavo-a oitavo-a óctuplo-a
9 nove noveno-a noveno-a
nono-a
 
10 dez décimo-a décimo-a  décuplo-a
11 once undécimo-a
onceno-a
onceavo-a
undécimo-a
 
12 doce duodécimo-a
décimo segundo-a
doceavo-a
duodécimo-a
 
13 trece décimo terceiro-a treceavo-a  
14 catorce décimo cuarto-a catorceavo-a  
15 quince décimo quinto-a quinceavo-a  
16 dezaseis décimo sexto-a dezaseisavo-a  
17 dezasete décimo sétimo-a dezaseteavo-a  
18 dezaoito décimo oitavo-a dezaoitoavo-a  
19 dezanove décimo noveno-a dezanoveavo-a  
20 vinte vixésimo-a vinteavo-a  

Hai certos substantivos numerais ou colectivos relacionados cos numerais como:

  • par: un par de ollos
  • parella: unha parella de gatos
  • trío: eles forman un trío para cantar
  • decena/ducia: merquei unha ducia de ovos
  • cento: Xosé pesa un cento de quilos
  • milleiro: Diso fai un milleiro de anos
  • metade: Quero a metade da mazá

Para indicarmos orde tamén podemos empregar os numerais cardinais no canto dos ordinais, solución que mesmo parece aconsellable a partir do cardinal décimo noveno. Así, en vez de dicirmos a cláusula trixésimo segunda podemos dicir a cláusula trinta e dous.