Os escaravellos voan á tardiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os escaravellos voan á tardiña
Título orixinalTordyveln flyger i skymningen
Autor/aMaria Gripe
OrixeSuecia
Linguasueco
Xénero(s)Aventura
EditorialGalicia Ediciones SM
Data de pub. 1978
Galicia 1989
Páxinas240 páx.
ISBNISBN 84-348-2812-X
TraduciónCarlos Casares
editar datos en Wikidata ]

Os escaravellos voan á tardiña[1] é un libro en lingua sueca de Maria Gripe, publicado en 1979 co título orixinal de Tordyveln flyger i skymningen. Foi traducido ao galego por Carlos Casares e publicado por SM en 1989.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia comeza cando lle regalan a Xonás Berglund un magnetófono polo seu aniversario. Logo, xunto á súa irmá máis vella Annika e cun amigo común, David Stenfäldt, veranse envolvidos por misterios e aventuras tras aceptaren coidar durante o verán as flores da Casa de Selander, unha casa deshabitada que deciden explorar e na que atopan unhas cartas dirixidas por Andreas e a súa irmá Magdalena a Emilie no século XVIII. Xonás, Annika e David sentiranse fascinados por un aspecto daquela historia e emprenden unha investigación que os envolverá en aventuras insólitas que incluso chegarán a mobilizar o país e institucións estranxeiras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UVigo (ed.). "O que o arquivo de Carlos Casares agocha". Consultado o 28 de marzo de 2019.