Os demostrativos galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

Os demostrativos son uns determinantes que acompañan un substantivo e que indican proximidade ou lonxanía no espazo ou no tempo respecto da cousa da que fala o emisor:

  • Este libro
  • Aquela meniña
  • Ese mozo

As formas que poden tomar os determinantes demostrativos son as que amosamos no seguinte cadro:

  masculino feminino
  singular plural singular plural
proximidade este, ese estes, eses esta, esa estas, esas
lonxanía aquel aqueles aquela aquelas

Decatádevos que os plurais masculinos escríbense: estes, eses, aqueles (e non *estos, *esos, *aquelos)

Onde se colocan os determinantes demostrativos?[editar | editar a fonte]

Cando acompañan a un substantivo acostuman ir diante, dado que haxa un artigo ou algún outro determinante:

  • Esta película é a que dicía eu
  • O libro aquel era o que me prestara o meu irmán
  • Qué tempos aqueles, cando todo era barato!
  • O disco aquel xa non o volvín a ver máis

Qué funcións teñen os demostrativos?[editar | editar a fonte]

Os demostrativos que acompañan a un substantivo fan a función de determinante e, por tanto, concordan co substantivo en xénero e número:

  • Aquela música
  • Aquelas cadeiras
  • Estes lapis

Cando os demostrativos substitúen un substantivo dicimos que fan a función de pronome:

  • Este é o que procurabamos
  • Esta é a boa

Nesta función atopamos as formas neutras iso/, isto/, e aquilo/ que sempre son pronomes:

  • Iso non me gusta nada
  • Aquilo que dixeches era mentira

Tende en conta que as formas neutras son invariables, isto é que non teñen feminino nin plural: Isto gústame, pero iso non

Contraccións[editar | editar a fonte]

Os demostrativos contraen coas preposicións de e en do seguinte xeito:

  este estes esta estas
de deste destes desta destas
en neste nesta nestes nestas
  ese eses esa esas
de dese deses desa desas
en nese nesa neses nesas
  aquel aqueles aquela aquelas
de daquel daqueles daquela daquelas
en naquel naqueles naquela naquelas
  isto iso aquilo
de disto diso daquilo
en nisto niso naquilo
  estoutro estoutros estoutra estoutras
de destoutro destoutros destoutra destoutras
en nestoutro nestoutros nestoutra nestoutras
  esoutro esoutros esoutra esoutras
de desoutro desoutros desoutra desoutras
en nesoutro nesoutros nesoutra nesoutras
  aqueloutro aqueloutros aqueloutra aqueloutras
de daqueloutro daqueloutros daqueloutra daqueloutras
en naqueloutro naqueloutros naqueloutra naqueloutras

Por exemplo:

  • Neste momento estou deitado
  • Diso non entendo nada
  • A roupa está colgada naqueles cordeis
  • O rapaz traballa daquela maneira

Cómpre saber ademais que ...[editar | editar a fonte]

Aquel pode significar "encanto, atractivo ... ou outras calidades que non se acertan a expresar":

  • Ese rapaz non é guapo, pero ten un aquel
  • Subir ás figueiras sen que escachen as pólas ten o seu aquel

Daquela ten dous valores:

  • "entón, naquel tempo": daquela aínda non había televisión
  • "por conseguinte, polo tanto": non estudias, daquela suspenderás

Nisto, niso, nestas, con estas pódense usar como locucións co significado de "entón, nese momento, de repente, inmediatamente despois":

  • Nisto botouse a rir
  • Nestas entrou seu pai
  • Con estas agarrou e marchou

As palabras aquelar ou aqueloutrar pódense empregar para nos referirmos a algo que non somos quen de expresarcoas palabras recisas. Teñen o significado que nós lle queiramos dar:

  • Levei a moto o taller para que ma aquelaran (="amañaran")
  • Encontreime onte co teu pai e moi aquelado (="con mala cara")
  • Aquelouse todo porque lle dei a razón (="enfadouse")