Os cuantitativos galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

Os determinantes cuantitativos son os que acompañan un nome e indican unha cantidade, pero de xeito impreciso e global.

Poden ter forma variable (con terminacións de xénero e número) ou invariable:

variables
moito, moitos, moita, moitas
pouco, poucos, pouca, poucas
varios, varias
bastante, bastantes
abondo, abondos, abonda, abondas
ningún, ningúns, ningunha, ningunhas
tal, tales
tanto, tantos, tanta, tantas
invariables
algo, nada, dabondo, alguén, ninguén, cadaquén, calquera, mesmo

Cómpre saber ademais que ...[editar | editar a fonte]

  • Abondo: Hai cartos dabondo para financiar este proxecto / Hai cartos abondos para financiar este proxecto.
  • Mesmo: Eu mesmo llo preguntei (identidade); É o mesmo facelo ca non facelo (igual); Pasou mesmo por aquí ("xusto"); Viñeron todos, mesmo o teu irmán ("incluso").
  • Quen é invariable. Daquela será incorrecta a frase *Quenes veñan terán premio; haberá que dicir Os que veñan ... ou *Quen veña ...
  • Calquera tamén é invariable . Daquela son incorrectas formas como *calqueira, *calquer, *calesqueira ou *calesquera. Pode asistir ao curso calquera persoa das que estean inscritas.
  • Ninguén: non é correcto *nadie nin *naide.
  • Algún non pode aparecer detrás da negación. É incorrecto dicir: *Meu pai non me deu diñeiro algún; teremos que dicir: diñeiro ningún (ou ningún diñeiro).