Os adverbios galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego


Un adverbio é unha palabra ou elemento gramatical invariábel que serve para expresar un matiz ou para complementar un verbo, un adxectivo ou outro adverbio:

  • Gústame moito
  • Era moi grande
  • Arribaron onte

Os adverbios de tempo[editar | editar a fonte]

Os adverbios de tempo sitúan no espazo un feito ou unha acción. Podemos dividilos segundo o que indiquen: anterioridade, simultaneidade, posterioridade ou totalidade.

Adverbios que indican anterioridade[editar | editar a fonte]

  • antes de onte/antonte: Xa mercamos froita antonte/antes de onte
  • trasantonte: Trasantonte foi a última vez que vin a Tareixa
  • onte: Onte foi o meu aniversario
  • antes: ¡Apura home! Temos que chegar antes da noite
  • cedo: Hoxe chegaches cedo, ¿Que pasou?
  • outrora/noutrora: Ese castelo, noutrora importante refuxio dos labregos, é actualmente unha casa familiar.

Adverbios que indican simultaneidade[editar | editar a fonte]

  • hoxe: Hoxe teño cita no doutor
  • aínda/inda: Quero mercar un coche, pero inda/aínda non teño cartos abondos
  • agora/xa: Se queremos chegar a tempo temos que saír agora/xa
  • daquela: Daquela non existía a televisión
  • entón: Entón non había tantas árbores
  • mentres/namentres/entrementres: Ti ponte a cociñar mentres/namentres/entrementres nós buscamos aos nenos
  • arestora: Arestora as mozas deben haber chegado
  • asemade/ao mesmo tempo: Estades a facer a mesma pregunta asemade/ao mesmo tempo

Adverbios que indican posterioridade[editar | editar a fonte]

  • mañá: Lembra que mañá é a festa de Maruxa
  • pasadomañá: Pasadomañá van cumprirse tres anos dende que se foi
  • despois/logo: Ímos visitar a María despois/logo da misa
  • pronto/axiña: ¡Corre que axiña/pronto vai chover!
  • tarde: Se non colles un taxi vas chegar tarde
  • enseguida/deseguida/decontado: Espera que María vai vir en seguida/de seguida/de contado

Adverbios que indican totalidade[editar | editar a fonte]

  • sempre: Sempre estás a molestar á túa irmá
  • nunca: Nunca cumpres o que me prometes
  • xamais: Xamais vou volver á escola
  • endexamais: Endexamais vou volver á escola
  • a miúdo/decote/decotío/acotío: Rosa ven pola aldea a miúdo/decote/de cotío/a cotío
  • ás veces, de cando en vez: Iago ten bo humor aínda que ás veces enfádase

Os adverbios de dúbida[editar | editar a fonte]

A dúbida preséntase con formas adverbiais mínimas como quizais/quizá/quizabes, e as locucións e expresións de dúbida seica, acaso, disque o mesmo, igual, polo visto, paréceme que, coñécese que, vese que, pode ser que. Tamén son frecuentes as locucións poida que(+subxuntivo), ao mellor, talvez, se cadra, etc.

Na seguinte táboa amosamos os adverbios de dúbida, cales son as formas verbais que rexen e algúns exemplos con eles.

adverbios forma verbal que rexen exemplos
disque presente indicativo/pretérito perfecto Disque vai vir hoxe
seica/polo visto ir + infinitivo/pretérito perfecto Seica vai marchar no tren
Polo visto vai saír na televisión
parece que pretérito perfecto Parece que tamén choveu aquí
quizais/quizá/quizabes presente de subxuntivo Quizais aínda non o sabía
talvez, acaso imperfecto de subxuntivo/presente de subxuntivo Tal vez colla o avión
Acaso saiba algo
se cadra
ao mellor/igual/o mesmo
presente de indicativo Se cadra vou en Santiago
Ao mellor non saio esta noite
poida que/posiblemente/probablemente presente de subxuntivo Poida que chova esta noite

Os adverbios de lugar[editar | editar a fonte]

Os adverbios de lugar indican a situación no espazo. Son adverbios mínimos, que constan dunha soa palabra, ou adverbios extensos ou locucións adverbiais, se están formados por adverbio + preposición ou preposición + adverbio.

Adverbios de lugar absolutos[editar | editar a fonte]

Os adverbios de lugar absolutos sitúan no espazo referíndose ao lugar ocupado polo falante e están relacionados co demostrativo: aquí = neste lugar, "o que é máis próximo".

Proximidade (eu) Proximidade (ti) Distancia
este (lugar) ese (lugar) aquel (lugar)
aquí alí
acó - aló
acá - alá
acolá

Vexamos algúns exemplos:

  • A vaca está alí
  • Maruxa vive por acolá
  • Aquí non hai ningunha persoa
  • Aí era a miña escola

Adverbios de lugar relativos[editar | editar a fonte]

Os adverbios de lugar relativos sitúan no espazo con relación á posición dun obxecto dado.

  • A posición interior ou exterior exprésase coa serie dentro/fóra: Estaba fóra
  • O grao de proximidade ou de afastamento, con cerca, preto/lonxe: Ela vive lonxe
  • A posición circundante: Derredor ou arredor, que indican que o obxecto rodea ao de referencia: ¡Ese neno anda todo o día arredor súa!
  • Indican situación (superior/inferior) no plano vertical: arriba, enriba, derriba/abaixo, embaixo, debaixo, non moi concreta: O gato está arriba da mesa e o can está abaixo
    Arriba e abaixo pode ir acompañados do adverbio máis: A igrexa está máis arriba, e a lonxa máis abaixo.


Tamén poden indicar dirección ascendente ou descendente: A barca vai río arriba, Xosé corría monte abaixo
Enriba, embaixo indican unha situación superior ou inferior dende o punto de vista do falante: Eu agacheime enriba e a miña irmá embaixo

  • A posición anterior/posterior exprésana os adverbios: adiante,

diante/atrás, detrás.
Adiante indica "en dirección á fronte": Aparcou máis adiante; atrás indica "en dirección oposta á fronte": Non quixo volver atrás
Moitos destes adverbios estpan vinculados coas preposicións e, seguidos da preposición de, forman locucións prepositivas que introducen referencia espacial: Dorme fóra da casa. Está enriba da mesa. Vive preto do mar.

Indefinidos[editar | editar a fonte]

Hai tres adverbios indefinidos:

  • algures significa "algún sitio": Ese papel debe estar por algures
  • ningures significa "ningún sitio": Non vexo a túa camisa por ningures
  • xalundes significa "calquera outro sitio": Non está aquí, busca xalundes

Interrogativos[editar | editar a fonte]

  • Os adverbios interrogativos son onde e u, en correspondencia co relativo ou cos interrogativos: A cidade onde vive, o país onde morreu.
  • U só se utiliza na interrogativa directa, sen verbo e seguido da segunda forma do artigo ou do pronome: ¿U-las vacas?, ¿U-lo cabalo?

Presentativos[editar | editar a fonte]

Velaquí, velaí utilízanse para presentar ou responder ao adverbio u: Velaí o vai, non o ves?'Velaquí están os nosos animais.

Ademais destes adverbios de lugar, dispomos de locucións adverbiais que expresan as mesmasnocións ou outras máis precisas:

  • Por riba/por cima, por baixo: Bota un pano por riba da mesa
  • De dentro, de fóra: Deixoulle unha man de fóra para que tocara o pandeiro, a chaqueta tiña un forro por de dentro
  • A carón, ao carón, a rente, a rentes, ao rente, ao rentes, ao pé: Está soterrado a carón da igrexa. Cortou o céspede a rentes do chan. Vive na vila ao pé do monte.
  • Ao redor:'Os coches van ao redor do mercado
  • De fronte: Tíñao de fronte a ela e non o vía
  • Fronte por fronte: A catedral e o Concello están fronte por fronte
  • A desmán: A praia quedaba a desmán
  • A contramán: Irei mañá ao mercado porque agora está a contramán
  • Á beira, ao lado: Está na casa á beira do mar, Ela pasou ao teu lado e non te decataches
  • Ao par, de par: Esa kmoza sempre vai de paseo de par do pai

Os adverbios de modo[editar | editar a fonte]

Os adverbios de modo son os seguintes:

  • como: Está tola como unha cabra
  • así: O caldo non se fai así
  • ben: Os mobles están ben feitos
  • mal: Comín moito e fíxome mal
  • mellor: Esta é a mellor película
  • peor: Peor non poderíamos estar
  • asemade (=ao mesmo tempo): Rir e chorar asemade
  • gratis: Na festa había polbo gratis
  • paseniño/engorde (=con lentitude): A campá da Berenguela soaba moi engordiño

As locucións adverbiais[editar | editar a fonte]

As locucións ás présas, ás carreiras, a escape indican rapidez; e amodo e devagar indican, dun feito, que se fai lentamente e con tino, con coidado.


  • Xa vai velliño e anda moi amodo
  • Saíu a escape do choio, coma unha chispa
  • Colle os ovos amodo, que vas escachalos
  • Andas ás présas e atrapállaste todo
  • ¿Para que te ergues tan tarde se logo tes que andar ás carreiras?
  • Se fas as cousas devagariño, sairanche mellor


As locucións ás toas, ás cegas, ao tuntún, a rumbo, ao chou significan "de calquera maneira, sen pensalo, tal como saia, sen orde".

De (a) feito significa "de principio a fin, dende o primeiro ao derradeiro, sen saltear, na orde en que vai" . A eito significa "en grande cantidade e de calquera maneira, sen escoller". A treu, a esgallo significa "sen reparar nas dificultades". A modo, ao xeito significa "con coidado", "con moderación", "con precaución", "lentamente".Ao xeito significa tamén "como é debido". De súpeto, de socato, de sotaque, de repente, de golpe indican brusquidade. Ao cabo, á fin, a mantenta, a propósito, de propósito indican "con intención". De balde, en balde indican "gratis", "sen proveito".

Ver tamén[editar | editar a fonte]