Saltar ao contido

Os Chotos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Chotos
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua usada
Datas
 Fundación / creación
2000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF202446425 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Os Chotos é un grupo musical aragonés, fundado en 2000 na vila de Embún, no concello de Val d'Echo (Jacetania). Cantan en aragonés e castelán.

O grupo naceu co nome da Ronda d'os Chotos d'Embún. Ao longo do tempo tivo varios cambios na formación dos seus membros. Nas súas cancións adoitan usar letras irónicas, e tratan os problemas da súa bisbarra, como a amenaza dos encoros, a despoboación e abandono dos lugares ou o turismo de masas. Está formado por Alfredo Arias (baixo), Dani Beltrán (voz, laúde e guitarra), Eugenio Arnao (batería e percusión), Kike Ubieto (voz, guitarra e acordeón diatónico) e Miguelé Abadías (voz, gaita de boto, dulzaina, trompa de Ribagorza e whistles).

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • L'Arco San Chuan (2002)
  • Taratita (2005)
  • Abril ye transparent (2010)
  • Biellos Tiempos (2016, adicado a José Antonio Labordeta)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]