Orientación do papel hixiénico
O uso do papel hixiénico inserido nun dispensador de eixo horizontal á parede contempla dúas orientacións posíbeis : o papel hixiénico pode pender encol do rolo ou embaixo do rolo. A elección é estudada por cuestións de preferencia persoal, costume ou psicolóxicas. A Doutora Gilda Carle dirixiu o Toilet Paper Personality Test sobre 2000 suxeitos [1] Nas enquisas entre un 60% e un 70% dos consumidores norteamericanos e de especialistas en cuartos de aseo e de cociña prefiren a orientación encol. Existen diversas teorías sobre as inferencias de cada escolla sobre as preferencias do usuario. E o programa da Doutora Carle recolle testemuñas de usuarios do papel que cambian a orientación para a súa preferencia antes de usalo en casas alleas aos que son invitados.
En enumeración sobre as vantaxes e inconvenientes recóllense as seguintes.
Encol
[editar | editar a fonte]- Maila unha disposición simétrica en canto esforzo, o profesor Nicholas DiBella de Standford argumenta que na posición encol existe maior espazo para o brazo do usuario para comodamente retirar o papel.[2]
- Reduce o risco de refregar o papel contra a parede incrementando o número de bacterias e. coli das feces humanas e por tanto de transferir posíbeis enfermidades ou outros xermes.
- Os negocios da hostalaría utilizan esta posición para incluír un selo que indica que o papel aínda non foi aberto para o seu uso. Ou incluso formas decorativas ou origami.
- É a posición escollida nas marcas dos fabricantes para a publicidade do produto.
Embaixo
[editar | editar a fonte]- Posición máis discreta, non deixando ver asimetrías no rolo e preferida en certas decoracións.
- Reduce o risco de que un neno ou mascota desenrole o papel de forma inintencionada xogando.
- Nunha autocaravana reduce o risco de que o papel caia durante a condución.
- O papel adenta máis facilmente nesta posición.