Saltar ao contido

Organigrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un organigrama é a representación gráfica da estrutura dunha empresa ou organización ou a representación esquemática da organización ou das operacións sucesivas dunha tarefa ou dun proceso industrial ou informático.[1]

Organigrama informático

[editar | editar a fonte]
Exemplo de fluxograma ou organigrama lóxico.

En termos de programación informática, un organigrama ou organigrama lóxico[2] é unha estrutura gráfica que define a sucesión de eventos, opcións e accións polas que pasará o código para chegar a unha ou outra opción que o usuario da aplicación quere que se execute.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

A orixe do termo, tanto para a acepción empresarial como para a informática, é organigramme, do francés organiser 'organizar' e -gramme '-grama', á súa vez do grego γράμμα (escrito, letra).

A mesma acepción é recollida en portugués[3], onde tamén existen as variantes ordinogama e organograma[4] e fluxograma[5], e en castelán.[6][7]

No eido informático tamén se emprega o termo diagrama de fluxo.[8]

Organigrama de organización ou de empresa

[editar | editar a fonte]

Representa as estruturas departamentais e, nalgúns casos, as persoas que as dirixen, compoñendo un esquema sobre as relacións xerárquicas e competenciais na organización.

O organigrama é un modelo abstracto e sistemático, coa función de ser unha idea uniforme da estrutura formal dunha organización. Debe conter os elementos indispensábeis e ser sinxelo de utilizar.

Clases de organigramas de empresa

[editar | editar a fonte]
Organigrama do Consello de Consumo de Hong Kong.

Pola finalidade

[editar | editar a fonte]
  • Informativos: só amosa os grandes departamentos da empresa.
  • De análise: reflicte grandes e pequenos departamentos.

Pola extensión

[editar | editar a fonte]
  • Xerais: representan todos os departamentos da empresa.
  • De detalle: representan só un departamento en concreto.

Polo contido

[editar | editar a fonte]
  • Estrutural: toda a estrutura da empresa.
  • Funcional: o contido do departamento.
  • De persoal: representan as persoas que dirixen.

Pola forma

[editar | editar a fonte]
  • Vertical: mostra as xerarquías seguindo unha pirámide, de arriba cara a abaixo.
  • Horizontal: mostra as xerarquías de esquerda a dereita.
  • Mixto: é unha combinación entre os dous anteriores.
  • Circular: a autoridade máxima está no centro, formándose arredor círculos concéntricos onde se poñen os xefes inmediatos.
  • Escalar: empréganse sangrías para sinalar a autoridade, canto maior é a sangría, menor é a autoridade dese cargo.
  • Tabular: é igual que o escalar, só que mentres que o escalar leva liñas que unen os mandos de autoridade, o tabular non.
  1. "Dicionario; organigrama". Real Academia Galega. Consultado o 2023-03-29. 
  2. "organigrama lóxico". bUSCatermos. 
  3. S.A, Priberam Informática. "Organograma". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2023-03-29. 
  4. "Dicionário Online - Dicionário Caldas Aulete - Significado de organograma". aulete.com.br. Consultado o 2023-03-29. 
  5. "Diagrama de fluxo". bUSCatermos. Consultado o 29 de marzo de 2023. 
  6. "Programación del algoritmo, diagrama de flujo" (PDF). UV.es ; informática (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2023. 
  7. "Organigrama". RAE (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2023. 
  8. "Diagrama de fluxo". bUSCatermos. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]