Orfos
Orfos | |
---|---|
Concerto na sala Iguana de Vigo (5 de decembro de 2009) | |
Orixe | Vigo, Galiza |
Período | 1998-2010 |
Xénero(s) | Metal |
Selo(s) discográfico(s) | Producciones malditas |
Membros | Camilo Montes Marcos Bao Adrián P. Fojo Uxía Carrera Brais Calles |
Antigos membros | Miguel, Pepe, Héctor. |
Na rede | |
http://www.orfos.net |
Orfos foi un grupo de metal galego da cidade de Vigo, que combinaba a lingua galega e o castelán nas súas letras. O seu último disco levou por título Noctarium (2009), editado baixo o selo Producciones Malditas.
Traxectoria e estilo
[editar | editar a fonte]A banda botou a andar no 1998 co nome de Pantokrator, denominación que foi substituída pola de Orfos no 2004. Dende o 2007, e tras sucesivos cambios na formación, quedou composta por Camilo Montes (voz), Marcos Bao (guitarra), Adián P. Fojo (guitarra), Uxía Carrera (baixo) e Brais Calles (batería). No mesmo ano 2007, Orfos participou na elaboración do Gallaecian metal compilation, recompilación de temas do metal galego. No ano 2010 anunciaron a disolución da banda, mais sen pechar as portas a unha posible reaparición[1].
Orfos apostou por un estilo dacabalo entre o hard rock e o metal, primando a melodía e a creatividade nas súas composicións.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Non (1998)
- Orfos I (2000)
- Orfos II (2004)
- Naialma (2006)
- Noctarium (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Comunicado de disolución da banda". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2008. Consultado o 18 de marzo de 2011.