Saltar ao contido

Orencio Abalde Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrencio Abalde Rodríguez
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1907 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, estibador Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 1323 Los de la sierra: 10174

Orencio Abalde Rodríguez, nado en Vigo o 7 de marzo de 1907, foi un estibador e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro da Sociedade de Cargadores e Descargadores de Carbón de Vigo da UGT a principios dos anos trinta, e membro da comisión encargada de negociar as condicións de traballo coa patronal. Foi un dos organizadores da asociación cultural La Victoria de Beade que coa República pasou a denominarse La Antorcha del Porvenir. En maio de 1932 foi elixido membro do Xurado mixto de transporte marítimo de Vigo.[1] En 1936 estivo con Rogelio Rodríguez, delegado do seu sindicato, no pleno local da UGT. Foi membro da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL), logo do congreso da CNT en Zaragoza de maio de 1936, uniuse con todo o seu sindicato á confederación onde se encargou de organizar os cargadores de carbón.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Lavadores e despois marchou ao monte. Na década de 1940 participou na CNT clandestina de Vigo, sendo un dos organizadores da evacuación de José Luís Quintas Figueroa na primavera de 1946. Nas redadas de 1947 conseguiu fuxir e marchou á Arxentina. En febreiro de 1963 pasou ó Brasil.

  1. El Pueblo Gallego, 21-5-1932, p. 12.