Olhão
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| Distritos | Distrito de Faro | ||||
| Capital | Olhão | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 45.396 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 130,86 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Día festivo | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 8700 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 289 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | cm-olhao.pt | ||||
Olhão (oficialmente, Olhão da Restauração), é un municipio e cidade portuguesa da rexión do Algarve (e do seu único distrito de Faro).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Olhão foi fundado en 1808.
Limita ao norte e ao leste co municipio de Tavira, ao oeste co de Faro, ao noroeste co de São Brás de Alportel, e ao sueste co océano Atlántico.
O municipio, que comprende unha parte continental e a illa de Armona, na ría Formosa, ocupa unha extensión de 126,82 km².[1]
Segundo o censo de 2001 contaba cunha poboación de 40 808 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 322 hab./km².
Historia: a vila de Olhão da Restauração
[editar | editar a fonte]Despois da revolta dos olhanenses contra os franceses (entre o 16 e o 19 de xuño de 1808), algúns pescadores do lugar de Olhão oferecérose para ir ao Brasil a dar ao futuro Xoán IV de Portugal a noticia da restauración do Reino do Algarve. O Bom Sucesso, como se chamaba a embarcación, chegou ao seu destino o día 22 de setembro de 1808, asombrando ao propio príncipe rexente, que recompensou aos olhanenses con diversos cargos e os condecorou. O 15 de novembro, o mesmo monarca concedia ao lugar de Olhão o nobre título de Vila do Olhão da Restauração (sic), igualándoa ás "vilas máis notábeis do Reino". Deste modo, a pequena aldea, que non tería máis de 5 000 habitantes, conseguiu separarse de Faro e transformarse en concello.[3]
Freguesías
[editar | editar a fonte]
O municipio está subdividido en catro freguesías:[4]
| Freguesía | Residentes (2011) | Residentes (2021)[2] |
|---|---|---|
| Moncarapacho e Fuseta | 9 635 | 9 275 |
| Olhão | 14 914 | 14 208 |
| Pechão | 3 601 | 3 886 |
| Quelfes | 17 246 | 17 270 |
| Total | 45 396 | 44 639 |
Galería
[editar | editar a fonte]-
Câmara Municipal
-
Comisaría da Guarda Nacional Republicana
-
Praza do mercado no centro do municipio
-
Casa da Primeira Infância da Misericórdia de Olhão
-
Praia na illa de Armona
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 INE. "Censos 2021 - resultados preliminares". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 12de novembro de 2021.
- ↑ A revolta da vila de Olhão da Restauração, Chegaram os Franceses! (Extrato de Documentário), por Júlia Fernandes, RTP, 2007.
- ↑ Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1ª Série, nº 19, Suplemento, de 28/01/2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olhão |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Francisco Xavier de Ataíde Oliveira (1906): Monografia do Concelho de Olhão da Restauração. (Hai 2 reedicións).
- Alberto Iria: "O Compromisso Marítimo da vila de Olhão da Restauração (Subsídios para a história das corporações de mareantes e pescadores do Algarve)", en Mensário das Casas do Povo, nº 120.
- António Rosa Mendes (2008): Olhão fez-se a si próprio. Olhão: Gente Singular Editora.
