Olga P. Berthelsen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1962 (62 anos) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Inuit Ataqatigiit |
Familia | |
Cónxuxe | Jess G. Berthelsen |
Olga Poulsen Berthelsen, nada o 7 de xullo de 1962,[1] é unha política groenlandesa do partido Inuit Ataqatigiit.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Berthelsen é a filla de Ane D. Poulsen. Nos seus anos máis novos traballou como empregada de oficinas e como profesora antes empezar a súa instrución como enfermeira en 1994.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Berthelsen presentouse por primeira vez ás eleccións xerais de 1991, mais non saíu elixida para o Inatsisartut.[2] Tampouco foi elixida nas eleccións de 1995.[3] En marzo de 1996, converteuse en membro do concello municipal de Nuuk.[4] Nas eleccións de 1999, foi elixida para o Inatsisartut por vez primeira. Non se presentou ás eleccións de 2002 e tamén deixou o consello municipal.[1] Nas eleccións xerais de 2005, foi a primeira candidata por Inuit Ataqatigiit e sentou no Inatsisartut dende entón até xuño de 2007. En outubro de 2007 volveu ser deputada brevemente e, finalmente, a partir de setembro de 2008. Nas eleccións de 2009 foi reelixida directamente ao Inatsisartut. Catro anos despois, nas eleccións de 2013, non conseguiu votos suficientes e deixou o parlamento. Presentouse de novo nas eleccións de 2018, pero de novo non foi elixida.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Berthelsen casou co líder sindicalista groenlandés Jess G. Berthelsen (nado en 1958)[1] con quen ten cinco fillos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Mitglieder im Inatsisartut". ina.gl. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "Parlamentswahlergebnisse 1991". Atuagagdliutit. 6 de marzo de 1991.
- ↑ "Parlamentwahlkandidaten 1995". Atuagagdliutit. 21 de febreiro de 1995.
- ↑ "Lang rokade i Nuuks kommunalbestyrelse". Atuagagdliutit. 28 de marzo de 1996.
- ↑ "Wahlergebnisse in Grönland". valg.gl.
- ↑ "Fra maskinarbejder til formand: Jeg kæmpede for det grønlandske sprog". knr.gl.