Olga Louzao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olga Louzao
Nacemento1979
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Olga Louzao Aldariz, nada en Lugo en 1979,[1] é unha política galega, voceira de Ciudadanos en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en ciencias políticas e da administración pola Universidade de Santiago de Compostela en 2002 e logo traballou nun banco ata 2014. Dende 2015 é mediadora de seguros. Encabezou a lista de Ciudadanos ao concello de Lugo nas eleccións municipais de 2015, logrando acta de concelleira. Foi voceira de Ciudadanos en Galicia durante unhas semanas entre decembro de 2015 e xaneiro de 2016[2] e de novo dende xullo de 2017[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Nuestro programa electoral quedará terminado entre esta semana y la siguiente»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2019. 
  2. "Ciudadanos xa ten líder en Galicia". Galicia Confidencial. 17 de decembro de 2017. 
  3. "Olga Louzao, nomeada voceira autonómica de Cidadáns". Xornal de Lugo. 24 de xullo de 2017.