Observatorio astronómico Ramón María Aller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista exterior do observatorio.

O Observatorio astronómico Ramón María Aller é un centro de investigación e docencia científica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, sito no Campus Vida da capital de Galicia, e dirixido por José Ángel Docobo. O recinto foi construído en 1943 co patrocinio do CSIC polo propio astrónomo galego Ramón María Aller Ulloa, quen daquela traballaba na USC e decidiu trasladar dende o seu Lalín natal a Santiago de Compostela os aparellos do Observatorio astronómico de Lalín (actual Museo municipal Ramón Aller), que el mesmo construíra 31 anos antes na localidade dezá, para continuar co seu estudo dos astros.

O observatorio depende do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da USC, e colabora co Instituto Nacional de Meteoroloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Pérez, I. (2006). El Observatorio Astronómico de la Universidad de Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]