Saltar ao contido

O muiñeiro ouveador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O muiñeiro ouveador
Título orixinalUlvova mylläri
Autor/aArto Paasilinna
OrixeFinlandia
LinguaFinés
ColecciónContemporánea
Xénero(s)Novela
EditorialFinlandia WSOY
Galicia Rinoceronte Editora
Data de pub.Finlandia 1981
Galicia 2007
FormatoRústica con lapelas
Páxinas252
ISBNISBN 978-84-935375-8-6 (gl)
TraduciónTomás González Ahola
editar datos en Wikidata ]

O muiñeiro ouveador[1] (en finés: Ulvova mylläri) é unha novela do finlandés Arto Paasilinna publicada en 1981. O libro foi traducido a diversas linguas, e en 1982 foi levado ao cinema co título homónimo de Ulvova mylläri.

Foi traducida ó galego por Tomás González Ahola[2] e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2007.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A trama está ambientada en Laponia despois da Segunda guerra mundial. O personaxe principal é Gunnar Huttunen, un muiñeiro que adoita ouvear polas noites, facendo ladrar aos cans, e que aínda que ás veces se comporta dun xeito louco, é un bo home traballador no seu muíño á beira do río Kemi, en Suukoski.

A maioría dos seus veciños comezan a pórse a mal con el pola súa forma de ser. Finalmente mándano para un manicomio, e cólleno cando se estaba empezando a namorar dunha veciña, Sanelma Käyrämö, unha asesora agrícola, e pintando o muíño de vermello. No hospital mental atopouse cun home san ingresado e que lle axudou a escapar de alí. Volve á aldea mais ten que andar de eremita no monte para que non o volvan meter no manicomio.

  1. O muiñeiro ouveador. Traducido por Tomás González Ahola (1ª ed.). Cangas: Rinoceronte Editora. 2007. ISBN 978-84-935375-8-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Rinoceronte Editora (ed.). "O muiñeiro ouveador por Rinoceronte Editora". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 20 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]