O fuxitivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O fuxitivo
Ficha técnica
Título orixinal The Fugitive
Director Andrew Davis
Produtor Anne Kopelson
Arnold Kopelson
Guión Jeb Stuart
David Twohy
Baseado en The Fugitive creado por Roy Huggins
Intérpretes Harrison Ford
Tommy Lee Jones
Música James Newton Howard
Fotografía Michael Chapman
Montaxe Dennis Virkler
David Finfer
Dean Goodhill
Don Brochu
Richard Nord
Dov Hoenig
Estudio Warner Bros.
Distribuidora Warner Bros.
Estrea Flag of the United States.svg 6 de agosto de 1993
Galicia 27 de novembro de 2011 (TVG)
Duración 130 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Acción
Orzamento $44 000 000[1]
Recadación $368 875 760

O fuxitivo (en inglés: The Fugitive) é un filme estadounidense de acción dirixido por Andrew Davis que foi estreado en 1993. Está baseado na serie de televisión The Fugitive creada por Roy Huggins.

Estreouse en galego na TVG o 27 de novembro de 2011.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

A vida do doutor Richard Kimble, un reputado cirurxián que ten unha fermosa esposa e unha luxosa casa nun elegante barrio de Chicago, desfaise o día en que a súa muller é asasinada por un misterioso manco. Kimble é acusado do crime e é condenado a morte. Mentres é trasladado ó cárcere, o autobús onde viaxa sofre un accidente que facilita a fuga de varios presos, entre eles o propio Kimble. O detective Samuel Gerard consegue atrapar a tódolos prófugos agás ó escorregadizo Kimble. Unha vez en liberdade, Kimble sabe moi ben que se quere probar a súa inocencia terá que atopar ó misterioso manco, á vez que deberá eludir a implacable persecución do detective Gerard.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "O fuxitivo na TVG". Diario Siglo XXI. 25 de novembro de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]