Saltar ao contido

O caderno vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O caderno vermello
 Título
Le Cahier Rouge Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Publicación
 Edicións
Datas e cronoloxía
 Data de creación
1807 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O caderno vermello[1] (en francés: Le Cahier rouge) é unha obra memorística de ficción escrita por Benjamin Constant en 1807 e publicada de maneira póstuma en 1907.

Foi traducido ó galego por Marie Abraira[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.[1]

Nesta obra atópanse multitude de elementos autobiográficos de Constant, quen a aborda dende punto de vista humorístico, entre frívolo e insolente, algo que só se verá limitado perante a autoridade paterna, Louis-Arnold-Juste Constant de Rebecque, coronel dun rexemento suízo ao servizo do Reino de Holanda en 1772.

Benjamin Constant evoca neste libro a súa etapa como estudante universitario na Universidade de Edimburgo, onde se encontraría con James Mackintosh e tamén co historiador escocés Malcolm Laing.

  1. 1,0 1,1 O caderno vermello. Traducido por Marie Abraira (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2016. ISBN 978-84-945403-5-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 77. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]