O Mecanismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O Mecanismo
FormatoSerie de televisión
Creado porJosé Padilha
Dirixido porJosé Padilha
Na rede
https://www.netflix.com/title/80120485
IMDB: tt6873658 Filmaffinity: 591117 Rottentomatoes: tv/the_mechanism Netlix: 80120485Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Mecanismo é unha serie de televisión brasileira sobre política. A seria foi creada José Padilha e Elena Soárez, dirixida por José Padilha, Felipe Prado, Marcos Prado e conta cos guións de Elena Soárez. A serie está libremente inspirada nas investigacións da Operación Lava Jato[1] e foi lanzada por Netflix o 23 de marzo de 2018.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Marco Ruffo (Selton Mello), é un Policía Federal obsesionado polo caso que está a investigar. Cando menos espera, el e a súa compañeira, Verena Cardoni (Carol Abras), atópanse inmersos nunha das maiores investigacións de desvío e lavado de diñeiro da historia de Brasil. A proporción do caso é tan grande que o rumbo das investigacións cambia completamente a vida de todos os involucrados.

Elenco[editar | editar a fonte]

Principal[editar | editar a fonte]

  • Selton Mello como Marco Ruffo
  • Carol Abras como Verena Cardoni
  • Enrique Díaz como Roberto Ibrahim
  • Antonio Saboia como Dimas Donatelli
  • Le Taylor como Claudio Amadeu
  • Otto Jr. como Xuíz Paulo Rigo
  • Leonardo Medeiros como João Pedro Rangel ("Pepê")
  • Osvaldo Mil como Luís Carlos Guilhome
  • Jonathan Haagensen como Vander
  • Giulio Lopes como Roberval Bruno
  • Susana Ribeiro como Regina Ruffo
  • Michel Bercovicht como Senador Lúcio Lemes
  • Javier Enciso

Produción[editar | editar a fonte]

En abril de 2016, Netflix anunciou que faría unha serie orixinal, aínda sen título, que retrataría as investigacións da Operación Lava Jato.[1] A serie foi producida por José Padilha, Marcos Prado e pola produtora Zazen Producións, contando co traballo de escritura de Elena Soarez e Sofia Maldonado.[2] A serie foi dirixida por José Padilha, Felipe Prado, Marcos Prado e Daniel Rezende.[3]

O Mecanismo iniciou a súa produción en maio de 2017. As localizacións escollidas incluíron as cidades de São Paulo, Río de Janeiro, Curitiba e Brasília.[3]

Lanzamento[editar | editar a fonte]

A primeira tempada da serie foi lanzada en 23 de marzo de 2018 e contou con 8 episodios.[4]

O primeiro tráiler da serie foi lanzado o 19 de xaneiro de 2018.[4] Un segundo tráiler foi lanzado o 28 de febreiro de 2018.[2]

Para promocionar a serie, Netflix instalou un cartel cun medidor de corrupción en Brasília nomeado "corruptómetro", onde era mostrado un medidor que mediría a cantidade de diñeiro desviado cada minuto.[5] Noutra acción, Netflix instalou no Aeroporto de Brasília e no Aeroporto de Congonhas en São Paulo, a chamada "tenda da corrupción", onde eran presentados produtos ficticios, como roupa interior para contrabandear, unha gravadora de vídeo e o libro "Delación compensada para laicos" entre outras.[6]

Recepción[editar | editar a fonte]

A web Rotten Tomatoes rexistrou unha clasificación do 80% cunha nota media de 7.4/10 con base en 5 avaliacións.[7]

Cassio Starling, nunha crítica para Folha de Sao Paulo, dixo que "Como quedou claro na dúas 'Tropa de Elite', ademais do éxito de despacho de billetes, Padilha procura provocar respostas sociais, facer o público reaccionar á anestesia e aos slogans automáticos. A enorme atención concentrada en Lava Jato, nos efectos das investigacións sobre o presente e o futuro inmediato do país, non podería escapar ao oportunismo de Padilha. Por iso, 'O Mecanismo' desenvolve, case insidiosamente, outra trama, que xustifica, finalmente, o título. Ao introducir esa cuestión fundamental Padilha alcanza unha dimensión, de feito, máis política e menos policialesca, máis cotiá e menos excepcional".[8]

Fábio de Souza Gomes, de Omelete, escribiu que a serie presenta unha ficción tediosa e tramas paralelas innecesarias, pero con actuacións destacadas. Comentou tamén que "a pesar de parecer un pouco forzado no inicio, Mello mellora moito ao longo da serie e consegue conducir ben a historia polas sombras, mentres Abras crea unha detective complexa e forte que busca atopar a corrupción que esconde o país". Completou dicindo que "O Mecanismo podería ser moito mellor do que realmente foi".[9]Ritter Fan, do Plan Crítico, escribiu que "os guións dos episodios, todos escritos por Elena Soarez, son máis que didácticos, con repeticións infinitas que golpean na mesma tecla monocorde practicamente todo o capítulo como a de 'combater o cancro non deixa ninguén incólume' e cousas así. No campo das actuacións, Selton Mello unha vez máis mostra que é un dos mellores actores brasileiros da súa xeración, aínda considerando a súa irritante incapacidade de falar para fóra, marca rexistrada súa". Eloxiou a Enrique Díaz, dicindo que a actuación "inmediatamente fai lembrar a de Robert Knepper como T-Bag, en Prison Break, ou sexa, un bandido zafado moldeado para que o odiemos, pero á vez que o amemos". E finalizou dicindo que "o Mecanismo é unha serie con potencial, pero que non é plenamente realizado".[10]

Inspiracións reais[editar | editar a fonte]

Aínda que a serie inclúe un aviso informando de que está inspirada libremente en eventos reais e que as personaxes, situacións e outros elementos foron cambiados con fins dramáticos, algúns personaxes e elementos teñen unha clara correspondencia á real Operación Lava Jato.[11][12]

  • Persoas
Na serie Inspiración real
Marco Ruffo Gerson Machado
Verena Cardoni Erika Marena
Paulo Rigo Sérgio Moro
Roberto Ibrahim Alberto Youssef
João Pedro Rangel (Pepê) Paulo Roberto Costa
Wilma Kitano Nelma Kodama
Ricardo Bretch Marcelo Odebrecht
Mario Garcez Brito Márcio Thomaz Bastos
Marcelo Rocha Ricardo Pessoa
Cláudio Amadeu Carlos Lima
Dimas Donatelli Deltan Dallagnol
João Higino Lula da Silva
Janete Ruscov Dilma Rousseff
Samuel Thames Michel Temer
Lúcio Lemes Aécio Neves
Tom Carvalho Léo Pinheiro
Maria Tereza Maria Lúcia Tavares
Procurador Xeral da República
(sen nome citado na serie)
Rodrigo Janot
Axente China Newton Ishii
Tony João Santana
Andreia Mônica Moura
  • Empresas, entidades e outros
Na serie Inspiración real
PetroBrasil Petrobras
Empresas OSA Grupo OAS
Empresas Miller&Bretch Grupo Odebrecht
TR Distribuidora BR Distribuidora
Bueno Engenharia Galvão Engenharia
Banco Brasileiro Banco do Brasil
Banco do Estado Banco Banestado
PO (Partido Operário) Partido dos Traballadores (Brasil)
Policía Federativa Policía Federal de Brasil
Interpolice Interpol
Procuradoria Geral Republicana Ministerio Público de Brasil
Presídio Estadual de Jaraguara Complejo Penitenciario de Piraquara II
Revista Leia Revista Veja
Posto da Antena Posto da Torre

Críticas[editar | editar a fonte]

A serie foi clasificada polla expresidenta Dilma Rousseff coma propaganda política. [13] Esta crítica foi contestada polo creador da serie, que a tachou de iletrada.[14]


  1. 1,0 1,1 "Série sobre Lava Jato dirigida por José Padilha é anunciada pela Netflix". Pop & Arte (en portugués). 15 de abril de 2016. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Netflix: Com Selton Mello, série sobre Lava Jato lança trailer". Folha Jovem (en portugués). Consultado o 5 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Começam as filmagens de 'O mecanismo', série com Selton Mello sobre a Lava Jato". G1 (en portugués). Consultado o 5 de abril de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "'O mecanismo', série da Netflix sobre Operação Lava Jato, tem 1º trailer divulgado". G1 (en portugués). Consultado o 5 de abril de 2018. 
  5. "O Mecanismo | Netflix Instala 'corruptômetro' em Brasília para promover série - Bastidores". Bastidores (en portugués). 12 de marzo de 2018. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  6. "Netflix lança "Loja da Corrupção" em aeroportos para promover série "O Mecanismo" sobre a Lava Jato". epocanegocios.globo.com (en portugués). Consultado o 5 de abril de 2018. 
  7. "The Mechanism: Season 1 - Rotten Tomatoes". 
  8. Starling, Cassio (24 de marzo de 2018). "Trama paralela a conflito policial torna 'O Mecanismo' uma série política". Folha de Sao Paulo (en portugués). Consultado o 5 de abril de 2018. 
  9. "O Mecanismo | Crítica | Omelete". Consultado o 5 de abril de 2018. 
  10. Fan, Ritter (25 de marzo de 2018). "Crítica | O Mecanismo – 1ª Temporada". Plano Crítico (en portugués). Consultado o 5 de abril de 2018. 
  11. "Quem é quem em 'O mecanismo', série da Netflix inspirada na Operação 'Lava Jato'". O Globo (en portugués). 14 de marzo de 2018. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  12. "O Mecanismo: mapeamos todas as referências que você não percebeu". Superinteressante (en portugués). Consultado o 5 de abril de 2018. 
  13. "'Netflix não está sabendo onde se meteu', diz Dilma sobre 'O Mecanismo'". Folha de S.Paulo (en portugués). 26 de marzo de 2018. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  14. Umpieres, Rodrigo Tolotti. "Dilma critica série "O Mecanismo" e Padilha responde: "se soubesse ler, não estaríamos com esse problema"" (en portugués). p. www.infomoney.com.br. Consultado o 5 de abril de 2018.