Orbiting Vehicle 4
Aparencia
(Redirección desde «OV4»)
Orbiting Vehicle 4 ou OV4 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados en 1966.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites OV4 foron deseñados para probar a viabilidade do uso da capa F da ionosfera como guía de ondas para transmisións en HF e VHF entre satélites fora da liña de visión entre eles. Lanzáronse dous satélites OV4: o OV4 1R (receptor), de 136 kg de masa, e o OV4 1T (transmisor), con transmisores en 20 MHz, 34 MHz e 46 MHz. Outros dous satélites da mesma serie foron cancelados.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
OV4 1R | 3 de novembro de 1966 | Titan 3C | Éxito |
OV4 1T | 3 de novembro de 1966 | Titan 3C | Éxito |