ONA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

ONA siglas que aluden á frase en inglés "original network animation" coñecido no Xapón como Web Anime (ウェブアニメ Webu Anime?), é un termo acuñado en Xapón para referirse á animación creada para ser lanzada directamente en Internet. É unha forma relativamente nova de distribución de anime, aínda non completamente adoptada, pero que se está facendo frecuente grazas á crecente cantidade de sitios dedicados á distribución de contido multimedia a través de Internet no Xapón. O seu nome deriva do termo original video animation (OVA), un termo que é empregado na industria do anime para a animación lanzada directamente en vídeo, dende principios da década de 1980.

Unha das animacións máis famosas lanzadas neste formato é The King of Fighters: Another Day, que relata os eventos que suceden en South-Town a finais do King of Fighters XI e inicios do King of Fighters: Maximum Impact 2, preparando a trama que se desenvolverá na secuela deste último xogo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]