Atol Nukunono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nukunono")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nukunono
Imaxe satelital de Nukunonu
Datos
País Nova Zelandia
Illa principal Tokelau
Linguas
Poboación (2006) 426 hab.
Superficie 5´5 km²
Superficie lagoa 90 km²
Nº de illas +17
Coordenadas 9°10′S 172°0′O / -9.167, -172.000
Maior Altura 5 m.
Localización
Localización do atol de Nukunono

Nukunonu, antes coñecida como Nukunono, é un atol das illas Tokelau, dependentes de Nova Zelandia. É o atol situado no medio do arquipélago, nas coordenadas 9°10′S 172°0′O / -9.167, -172.000. Ten unha poboación de menos de 400 habitantes. O atol mide uns 5 km de ancho e uns 12 km de longo.

A illa do nordés, Tokelau, é a que deu nome ao grupo. Hai unha poboación na illa de Nukunonu ao suroeste, que tamén se chama Nukunonu, e outra á beira, o illote de Motusaga. O ao redor da lagoa está libre de coral e poden acceder embarcacións a través do paso entre ambas as illas.

Nukunonu foi descuberto polo inglés Edward Edwards en 1791, e bautizouna como Duke of Clarence.