Nueva Brisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nueva Brisa foi un semanario publicado en Viveiro entre 1899 e 1900.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu a principios de outubro de 1899[1]. Editado pola Agrupación Germinal de Viveiro, un grupo de rapaces que publicara anteriormente algúns números manuscritos, imprimíase nos obradoiros de Gerardo Castro Montoya en Lugo. De carácter republicano e federalista polemizou con El Eco de Vivero. Rematou a súa publicación co número 16, en xaneiro de 1900[2], por non atopar quen quixera imprimilo "sin que antes y por primera condición renunciaran sus redactores a todo ataque a la religión católica"[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo de Lugo, 9-10-1899, p. 2.
  2. La Idea Moderna, 6-2-1900, p. 3.
  3. El Porvenir del Obrero, 1-3-1900, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.