Nordés (vento)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nordés é un vento procedente do nordés que sopra en Galiza durante calquera época do ano.

Características[editar | editar a fonte]

Xérase en calquera punto do país por mor dalgún anticiclón proveniente dalgún punto do oeste ou do noroeste, é dicir, cando se activa unha fronte de baixas presións nalgunha das devanditas localizacións. Daquela, o nordés atravesa Galiza no sentido das agullas do reloxo.

No inverno, o nordés ofrece baixas temperaturas, ao contrario que no verán, xa que nesta época adoita ir vencellado a anticiclóns de tipo subtropical, de altas temperaturas. Nestes casos acostuma aumentar a súa velocidade.

Triángulo dos 30[editar | editar a fonte]

O nordés pode converterse nun factor de alto risco para os incendios forestais se coinciden as tres condicións meteorolóxicas coñecidas como o "triángulo dos 30": * unha alta velocidade do aire (30 km/h. ou máis), o que favorece a ignición forestal; unha baixa humidade (30% ou inferior); e unha alta temperatura (30 °C ou máis).

En Galiza, o nordés é especialmente perigoso na provincia de Pontevedra por estar situada ao sur do Macizo Central Galego, o que fai que normalmente sexa máis cálido e máis seco. O nordés foi o que provocou a vaga de incendios forestais de 2006 en Galiza motivando, por unha banda, a acción dos pirómanos sabedores dos seus efectos e, pola outra, alimentando o lume que estes provocaron.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

"El viento del Nordés: el diablo cuando sopla"[Ligazón morta], artigo en Xornal de Galicia, 16 de agosto de 2009 (ligazón rota) (en castelán).