Nocilla Dream
Aparencia
Nocilla Dream | |
---|---|
Título orixinal | Nocilla Dream |
Autor/a | Agustín Fernández Mallo |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Editorial | Editorial Candaya |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nocilla Dream é unha novela de Agustín Fernández Mallo, publicada en 2006[1]. É o expoñente dunha nova corrente literaria que é denominada pop, e está englobada nunha triloxía chamada Nocilla Project, que se completará con Nocilla Experience e Nocilla Lab[2].
Características
[editar | editar a fonte]Está composta por 113 fragmentos, capítulos curtos, pequenas historias que se cruzan, algunhas delas cortadas sen resolución e que crean, á fin, un panorama de toda a obra.[3] Algúns temas recorrentes de Nocilla Dream son a estrada US50 e a árbore de zapatos, que serven para conectar os personaxes.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Nomeada polo suplemento El Cultural, do xornal de tirada nacional El Mundo, como unha das dez mellores novelas do 2006[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juan Francisco Ferré (2 de febreiro de 2007). "Instrucciones para leer 'Nocilla Dream'". Diario Sur.
- ↑ Fraser, Benjamin (2012). "On Nocilla and the Urbanization of Consciousness: Multiplicity and Interdisciplinarity in Agustín Fernández Mallo’s Fragmented Trilogy". Hispania 95 (1): 1–13.
- ↑ 3,0 3,1 Diego Giménez (22 de agosto de 2008). "Nocilla Dream". Revista de Letras.
- ↑ Lluís Satorras (20 de xaneiro de 2007). "El árbol de los zapatos". El País.
- ↑ Moreno, Vicent (2012). "Breaking the Code: Generación Nocilla, New Technologies, and the Marketing of Literature". Hispanic Issues Series On Line 9: 78.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Mallo, A. (2007). Nocilla Dream. Barcelona: Círculo de lectores. ISBN 978-84-672-2507-5.