Nieuport & General Aircraft
Nieuport & General Aircraft | |
---|---|
Tipo | negocio |
Data de fundación | 1916 |
Data de disolución | 1920 |
Sede | Londres |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nieuport & General Aircraft Company Ltd foi un fabricante de avións británico, establecido durante a primeira guerra mundial para construír avións franceses Nieuport baixo licenza, que pechou en 1920.
Historia
[editar | editar a fonte]O 16 de novembro de 1916, Samuel Waring, o propietario do fabricante de mobles Waring & Gillow, estableceu a Nieuport & General Aircraft Company en Cricklewood, Londres, para construír o caza francés Nieuport 11 baixo licenza.[1][2] A compañía fabricou 50 cazas Nieuport 17bis antes de cambiar a produción cara o máis capaz Sopwith Camel,[1][3] construíndo 400 Camels, e con 100 Sopwith Snipes sendo entregados tras a guerra.[4]
En 1917, unha investigación oficial (o Informe Burbidge) sobre as actividades da Royal Aircraft Factory levou a deter o deseño e construción de avións en Farnborough e a separación dos equipos de deseño da fábrica. Nieuport & General aproveitouse desta situación para contratar a Henry Folland, o deseñador do caza S.E.5, como deseñador xefe.[5] Folland deseñou unha serie de avións, e o caza Nieuport Nighthawk foi ordenado para a produción en agosto de 1918,[6] pero o fallo do motor escollido para alimentalo xunto co final da primeira guerra mundial, fixo que a produción finalizase e o Nighthawk non entrase en servizo.
Nieuport & General deixou de operar en agosto de 1920, xunto coas outras compañías de aeronaves propiedade de Waring, British Aerial Transport (BAT) e Alliance Aeroplane Company.[7][8] Folland foi contratado pola Gloster Aircraft Company, continuando o desenvolvemento do Nighthawk.[9]
Avións
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bruce, J.M. (1957). British Aeroplanes 1914–18. London: Putnam.
- Bruce, J.M. (1965). War Planes of the First World War: Volume One: Fighters. London: Macdonald.
- Bruce, J. M. (1976). "Those Classic Nieuports". Air Enthusiast Quarterly, Number Two. Bromley: Fine Scroll. pp. 137–153.
- Gunston, Bill (2005). World Encyclopedia of Aircraft Manufacturers. Stroud: Sutton Publishing (2ª edición). ISBN 0-7509-3981-8.
- James, Derek N. (1971). Gloster Aircraft since 1917. London: Putnam. ISBN 0-370-00084-6.
- Mason, Francis K. (1992). The British Fighter since 1912. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press. ISBN 1-55750-082-7.
- "New Companies Registered". Flight, 16 de novembro de 1916. p. 1016.
- "Our Designing Staffs and Their Future: A Word of Warning". Flight, 19 de agosto de 1920. p. 907.
- Robertson, Bruce. (1970). Sopwith—The Man and His Aircraft. Letchworth: Air Review. ISBN 0-900435-15-1.