Next In Fashion (NIF) é un programa de Netflix de telerrealidade sobre unha competición de deseño de moda que comezou a emitirse o 29 de xaneiro de 2020. Presentado polos deseñadores Tan France e Alexa Chung, o programa é unha competición entre deseñadores por un premio de 250000 dólares e unha colección na páxina de moda de luxo "Net-a-Porter".[1]
En xuño de 2020, Netflix anunciou a cancelación da serie logo dunha soa tempada.[2] Porén, anunciouse no Instagram da serie que o programa tería unha segunda tempada que contaría con Tan France e Gigi Hadid.[3] A segunda tempada estreouse o 3 de marzo de 2023.[4]