Netvibes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Netvibes é un servizo web que actúa a modo de escritorio virtual personalizado, similar á "Páxina Principal Personalizada" do Google ou MSN Live.

Características[editar | editar a fonte]

Visualmente está organizada en lapelas ou pestanas (tabs), onde cada unha, polo xeral, é en si un agregador de diversos módulos e widgets desprazables previamente definidos polo usuario. Estes módulos, á súa vez, actúan como pequenas fiestras cuxo contido é xerado por outro servizo web ou por miniaplicacións.

Algúns exemplos dos servizos que pode conter son multibuscadores para varios servidores (Google, Yahoo!...), webmails tipo Gmail, fotos e vídeos do Youtube, Google Video ou Flickr e moitos servizos máis, dos cales algúns son verdadeiros trebellos (gadgets), como un acuario con peixes virtuais ou minixogos como o sudoku.

Hai módulos que permiten despregar o contido xerado por outras páxinas que funcionan como fontes (Feed) de RSS/Atom; por exemplo, os diarios e os blogs.

Tamén existen lapelas que non son agregadores e que permiten acceder a un servizo completo doutra páxina, como Joomla.

Desde o punto de vista comercial, están os chamados Universos, que son páxinas creadas principalmente por empresas ou grupos musicais e nos que se mostran diversos feeds, imaxes e outros materiais relacionados co creador. No momento de escribir isto, esta característica non está dispoñible para os usuarios independentes, aínda que posiblemente se empece a distribuír mediante invitacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]