Neomudéxar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Interior da Igrexa de San Pedro de Teruel, Patrimonio da Humanidade e de estilo neomudéxar.
Antigas Escuelas Aguirre, actualmente Casa Árabe de Madrid.

O neomudéxar é un estilo artístico e arquitectónico que se desenvolveu principalmente na Península Ibérica a finais do século XIX e principios do XX. Enmárcase dentro das correntes orientalistas da arquitectura historicista imperante en Europa por aquela época. O novo estilo asociouse especialmente a construcións de carácter festivo e de lecer, como salóns de fumar, casinos, estacións de tren, prazas de touros ou saunas.

En España o estilo neomudéxar foi reivindicado como estilo nacional, por estar baseado nun estilo propiamente hispánico. Arquitectos como Emilio Rodríguez Ayuso ou Agustín Ortiz de Villajos viron na arte mudéxar algo unicamente español e empezaron a deseñar edificios utilizando trazos do antigo estilo, entre eles as formas abstractas de ladrillo e os arcos de ferradura.

Con todo, o que a historiografía considerou tradicionalmente como neomudéxar, son en moitos casos obras de estilo neoárabe, posto que utilizan elementos califales, almohades e nazaríes, sendo o único aspecto mudéxar o uso do ladrillo visto.

Frecuentemente considerouse á praza de touros de Madrid de Rodríguez Ayuso e Álvarez Capra de 1874 como o inicio do neomudéxar, que sería seguido por outros arquitectos como Enrique María Repullés y Vargas, Joaquín Rucoba, Augusto Font Carreras, José Espelius Anduaga, Felipe Arbazuza ou Aníbal González.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.