Neil Murray (músico australiano)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Ararat, Australia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta, cantante |
Período de actividade | 1980 - |
Membro de | |
Selo discográfico | Festival Records |
Páxina web | neilmurray.com.au |
Neil James Murray, nado en Ararat, Victoria en 1956, é un músico, cantautor e guitarrista australiano. Foi membro fundador do grupo musical Warumpi Band (1980–88, 1995–2000) que foi un dos primeiros grupos de rock coa maioría dos membros aborixes australianos e foi unha grande influencia no desenvolvemento do rock aborixe. Murray foi recoñecido como un dos cantautores principais da escena musical australiana nos APRA Awards de 1995, gañando o premio de Canción do Ano por "My Island Home" – interpretado pola exmembro da súa banda Christine Anu. Esta canción tamén apareceu entre o Top 30 APRA das mellores cancións australianas en 2001.
Murray tivo unha carreira en solitario en 1989 e lanzou oito álbums de estudio até o ano 2014. Murray fixo xiras e actuacións por toda Australia, a carón da súa propia banda, The Rainmakers, ou en solitario. Tamén fixo actuacións con Shane Howard (exmembro de Goanna), entre 2006 e 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)